Estreando mochilas.
Ó contrario que outras especies, os caracois desta escola invernan no verán. Son uns durmiñentos/as e decidiron quedarse dentro da súa cuncha ata outubro. Mentras durmen reflexionan sobre todo o aprendido durante o curso, e sobre todo o desaprendido que as veces tamén é moi interesante. Xa metemos na nosa mochila-cuncha o portátil, o chimpín (chamado de milleiros de xeitos: lapis, pen, pinza, chisme...), lápices de cores porque tamén nos encantan e coma sempre deixamos sitio para todo aquilo que vaiamos recollendo este curso. Non temos ningún destino fixo, nen nos marcamos obxectivos que nos fan pasar pola vida de puntillas sen saborear os momentos, simplemente queremos sentirnos vivos/as, e sentir como o movemento está presente nas nosas aulas. Seguiremos contándovos o que vaiamos atopando (emails que nos escribides con dúbidas, suxerencias, compartido material...), con experiencias que vivamos directamente (aínda que este ano ainda non temos internet na aula e nos sentimos incompletos/as, xa está solicitado,crucemos os dedos, ou os corniños.....). Escola de caracois, son os mestres e as mestras, os nenos e as nenas, as familias, ...todos aqueles e aquelas que apostan polas tics na Educación. Querida Galiza alá imos!!!
Pintando música.
Debuxar música, sentir a música nas mans, nos pés, na punta do nariz…isto foi o que fixeron as tartarugas verdes esta semana. No aula teñen dous ordenadores con conexión a Internet. Nun sentáronse o encargado do día Brais e Lúa (apostamos polas parellas mixtas, compartindo o rato, tomando decisión conxuntas…sen roles de piloto e secretaria). No outro ordenador algúns nenos/as e na mesa central papel de mural estirado e pinturas, moitas pinturas. Empeza a soar a música nun ordenador de Vivaldi, no outro ordenador empezan a pintar os sons ca aplicación de Pollock, alguns/as simplemente visualizan o video e outros/as pintan no soporte papel, outros/as bailan pola clase…a mestra non deixa de sorprenderse e sorrir. Deixemos que a música lle faga cóxegas os nosos nenos e nenas.
Personaxes de cores.
Luns, martes, mércores e xoves. Cada día despois do recreo visualizamos no ordenador un video cortiños sobre arte. Parece que a combinación de música e cores lles relaxa, acción que se busca atendendo a curva da fatiga cando chegan do patio. O venres lembramos tódalas cores, obras, formas...que fumos observando durante a semana, e o venres, os nenos e as nenas convertíronse en directores/as de cine, sendo as personaxes as cores. Empezaron a pedirse: eu son o laranxa, eu o vermello...as cores na arte, as cores nos papeis, nas froitas, nas liñas en movemento,as cores nas luces da rúa, nas volvoretas, as cores na arte que entra nas escolas, na educación, as cores na vida. Foi unha realemente sorprendente.
O meu nome, o teu nome, o seu nome...xogamos cos nosos nomes.
En anteriores ocasións xa falamos de distintas dinámicas para xogar co nome. Hoxe queremos compartir con vos unha experiencia feita con nenos e nenas de 4 anos. Por parellas foron pasando polo ordenador e introduccindo o seu nome en distintas aplicacións, logo gardáronse as fotos nas que saian en distintas ambientacións: sopa de letras, tazón de cereais, panel de publicidade, carteis, nun tronco, nun avión....e as comentamos todos e todas xuntas´. Mentras os/as demáis xogaban na mesa con siluetas de letras de distintas texturas facendo composicións e pintandoas. Foi realmente divertido esta aposta pola fusión de espazos de aprendizaxe virtuais e físicos. O luns sacarémolas pola impresora e faremos un mural cos nosos nomes.
OBRADOIRO CIG-ENSINO FERROL. SABADO 19 DE MAIO. PROFESORADO DE 0-3 ANOS.
ENDEREZOS NA REDE. CIG-ENSINO. FERROL 0-3 ANOS.
http://www.laboratoriodedesenhos.com.br/aquarela.htm
A. Interese informativo (educadores/as, docentes, pais,nais..)
http://www.waece.org/educacionpreypostnatal/secc4.htm
http://www.ed.gov/Family/Cuidadores/babies.html
http://www.zonapediatrica.com/
Sobre Internet, aplicacións, seguridade…para asesorar as familias.
http://w3.cnice.mec.es/recursos2/e_padres/html/enlaces.htm
http://ciberhabitat.gob.mx/escuela/padres/textos/texto_recomenda.htm
http://www.cnice.mec.es/padres/videojuegos/internet_y_la_educacion_de_nuestros_hijos/
http://www.besafeonline.org/spanish/uso_seguro.htmhttp://www.asociacion-acpi.org/normasbasicasninointernet.htm
Vídeos.http://www.zonapediatrica.com/ZpOnline_TV/Dormir-ninos.wmv (importancia de durmir)
http://www.zonapediatrica.com/mod-htmlpages-display-pid-967.html (consellos para bebes)
http://www.zonapediatrica.com/mod-htmlpages-display-pid-925.html (dereitos dos nenos/as)
1.Cadernos de escolas (blogs):
A nosa clase. http://anosaclase.blogspot.com/index.html (Arteixo)
Pequerrechos.http://pequerrechos.blogia.com/ (Meaño)
Pequexperiencias. http://pequeexperiencias.blogspot.com/ (Catoira)
Vagalume.http://eeivagalume.blogia.com/ (Vilagarcia).
Tartarugas de Panxón: http://tartarugasdepanxon.blogspot.com/ (Panxón).
2.Cadernos temáticos:
Bicos de vento.http://bicosdevento.blogia.com/
Tadega.http://www.tadega.net/Bitacora/
En galego: http://engalego.blogspot.com/
Manualidades: http://www.mismanualidades.com/infantiles/index.html
3.Cadernos de nenos e nenas:
Do bebé Pepe: http://www.pepeneno.blogspot.com/
Aitana. http://aitanablog.blogia.com/
Iago.http://hablapormidiceiago.blogspot.com/
4.Proxectos feitos por profesorado de Educación Infantil:
http://www.ciberlingua.org/multimedia/yeyi/index.htm
http://www.ciberlingua.org/multimedia/roye/
http://www.ciberlingua.org/multimedia/proxecto-pili/
http://www.ciberlingua.org/multimedia/marialois/index.htm
5.Proxecto feito por pais e nais de alumnado:
http://www.ciberlingua.org/multimedia/proxecto_trini/indice.htm
http://www.ciberlingua.org/paseninho/
6.Pizarra dixital:
Cole de Mela. http://melavidalportela.blogia.com/
Conto:http://www.youtube.com/watch?v=gosdmYICCPs
Actividade: http://www.youtube.com/watch?v=zqz3kyVVklE&mode=related&search=
7.Experiencia dun diario visual:
A cova da Marola: http://www.veranmaisala.com/2003/index.html
8.Portal de recursos, proxectos…:
http://www.preescolarnacasa.org/
http://www.edu.xunta.es/contidos/premios/p2005/tr/99/juan_miro/joan_miro.swf
http://centros.edu.xunta.es/eeidecarracedo/
9. Contos:
http://centros.edu.xunta.es/pontedosbrozos/investiga.htm
http://roble.pntic.mec.es/~fblanc1/Cuentos/Vaca/vaca1.htm
http://www.lavacaconnie.com/connie_galego/home.htm
10.Xogos :
http://www.bbc.co.uk/schools/preschool/
http://www.bbc.co.uk/cbeebies/razzledazzle/
http://www.kokone.org/juegos/abejas.html
http://www.kokone.org/juegos/enjabona.html
http://preschool.lego.com/en-US/Games/AnimalBingo1.aspx (bimgo sonoro)
Rebujito: http://lnx.rebujito.net/index.php?option=com_docman&Itemid=46
Fantasmín: http://ares.cnice.mec.es/infantil/index.html
Boohbah :http://www.boohbah.com/zone.html
Poissonrouge. http://www.poissonrouge.com/
Versión multimedia de xogos que temos en aula:
http://lnx.rebujito.net/index.php?option=com_docman&task=doc_download&gid=16&Itemid=46&mode=view (maquillarse)
http://lnx.rebujito.net/index.php?option=com_docman&task=doc_download&gid=61&mode=view(encaixar bonetas)
http://lnx.rebujito.net/index.php?option=com_docman&task=doc_download&gid=51&mode=view (encaixar siluetas)
11. Vocabulario.
http://www.edugaliza.org/dsc/acasa/acasa.html
12. Estimulación:
http://www.pnte.cfnavarra.es/creena/010tecnologias/Estimulacion_Sensorial.htm
http://www.storyabout.net/lab/dots_not_bauhaus.html (formas xeométricas con puntos)
http://best.drawball.com/ (círculos)
http://www.zefrank.com/shelda/index.html
http://www.nga.gov/kids/kids.htm
http://www.storyabout.net/lab/typo_scope_2.html
Videos estimulación:
http://www.youtube.com/watch?v=mB68fEN6jng&mode=related&search= (bebe mais musica)
http://www.youtube.com/watch?v=Prhcs1Vgksw&mode=related&search=(bebe mais cores)
http://www.youtube.com/watch?v=UWGXKE2s0lA&mode=related&search= (bebe mais casa)
http://www.youtube.com/watch?v=JhFzQgTsDW0&mode=related&search=(bebe mais natal)
http://www.youtube.com/watch?v=y6pAX61WBGk(bebe mais bichos)
http://www.youtube.com/watch?v=S4kvo-O1lE4(bebe mais natureza)
13. Falamos do tempo:
Nubes: http://inventionatplay.org/playhouse_cloud.html
Neve: http://www.dinosaurdesign.com/SnowflakeFactory.htm
Vento: http://www.ventdaval.com/
14. Creacións: caras, personaxes, construccións….
http://roxik.com/pictaps/index.html
http://www.musecraft.com/main/games/dress/
http://www.benjerry.com/fun_stuff/online/virtual_snowman/
http://www.dinosaurdesign.com/PickMyNose.htm
http://digibody.com/avatar-maker/index.php
http://www.joystiq.com/media/2006/10/mii.swf
http://www.mono-1.com/monoface/main.html
http://www.alba.com.ar/visualizer/default.htm (ambientación de casas)
Expresións faciais, emocións.... :
http://www.timon.com/far/face/face4.html
15. Técnicas plásticas:
Collage: http://pentacom.jp/soft/ex/collage/collage.html
Brillantina: http://www.flash-gear.com/glitter/
Estrelas: http://www.flash-gear.com/star/
Chorreo : http://www.jacksonpollock.org/
Interactuar con fotos: http://interact10ways.com/usa/information_interactive.htm
16. Música, son, onomatopeias….
http://www.uma.es/moc/onomato/index.html
http://www.musicaenalcala.com/images/stories/juegos/sonidosvarios.swf
Cancións:http://www.latortugataruga.cl/cancion.htmhtm
http://www.cri-cri.net/Canciones/canciones.html
Piano:http://www.kokone.org/juegos/piano.html
Coro de cabalos : http://svt.se/hogafflahage/hogafflaHage_site/Kor/hestekor.swf
Coro de bonecos:http://www.mypeople.com/sing/index.html
17. Xogando cas letras:
http://www.bemboszoo.com/Bembo.swf
http://www.juntadeandalucia.es/averroes/intervideo/Zooletras/pageszoo/1zoo.html
http://www.starfall.com/n/level-k/index/load.htm?f
http://www.edebedigital.com/mediateca/objetos/pollets.htm
http://robotype.net/galery.php
http://www.educalandia.net/educativos/infantil/islas_y_estrellas/web/principal2.htm
http://www.doslourdes.net/trazo_m.swf
http://iespgirona.xtec.es/~ealonso/flash/prescriptura.swf 1
8. Creación de material:
Facer un comic: http://www.toondoo.com/Home.do
Facer bocadillos nas fotos: http://www.bubblesnaps.com/create.php
Facer un mosaico: http://www.adelaider.com/image-mosaic/
http://www.madin.jp/ouen/index-e.html
Facer unha proxección de fotos con entorno: http://www.slide.com/arrange?sk=0&tt=28&cy=be&th=0
19. Videos variados:
http://www.youtube.com/watch?v=jquVplQZfqQ&mode=related&search=(auga).http://www.youtube.com/watch?v=3EQJD82Z-rc (dias da semana)http://www.youtube.com/watch?v=qpSjjWkENXE (cores).http://www.youtube.com/watch?v=Lz9bK2gwzQo&mode=related&search= (cancion do autobus)http://www.youtube.com/watch?v=VVlI3Vv4PgI&mode=related&search= (hipopotamo cantando)http://www.youtube.com/watch?v=__M-t6AXPIo&mode=related&search= (hipopotamos peidos)http://www.youtube.com/watch?v=y4WlubcaOT0&mode=related&search= (poliño)http://www.youtube.com/watch?v=JwWTo3aELQc&mode=related&search= (can)http://www.youtube.com/watch?v=aEAnjeOkkxI&mode=related&search= (rato)http://www.youtube.com/watch?v=MfL31yk2DUo&mode=related&search= (animacions en plastilina)
20. COMUNICACIÓN.
Comunicador:http://lnx.rebujito.net/index.php?option=com_wrapper&Itemid=55
Foro:http://tadega.net/Foro/index.php
Chat:http://www.tadega.net/Chat/flashchat.php
Mandar postais: http://www.educathyssen.org/postales/index.asp
Manis, pel de identidade.
Nun día tal como o de hoxe, día das letras galegas,fai dous anos, nace o primeiro deseño Manis, en forma de toxo do pais. Da man do deseñador Xavi Seco e do entusiamo de Luis Teira e Uxía Acuña, comenza unha andaina de construcción e reconstrucción, de invención e reinvención, de conversas, de risas mistutas cos bocetos en servilletas dun bar, en marxes do primeira papel que está a man, de complicidade e ideas compartidas,.... Parabéns Manis, Parabéns Toxo do Pais, Parabéns Galiza. Grazas.
Seguimos marisqueando.(AS-PG. Cig-ensino) .Xornadas de Educación Infantil.
Da man da AS-PG e CIG-Ensino, saímos de novo a marisquear polo litoral da Educación Infantil, buscando mostrar recunchos con relatos de experiencias nas escolas galegas. Certamente hai que escaravellar aínda moito na area do país para atopar exemplos de introducción e integración das tics nas nosas dinámicas de aula. Aínda así, imos metendo no cesto algunhas que abren camiño a motivación, e a mostrar que sen deixar de ser un reto difícil non é imposible. Dende a escola de caracois queremos subliñar a importancia de investigar, investigar e investigar…e seguir investigando como paso previo, paralelo e a posteriori cando o profesorado se decide a deseñar os seus materiais e a introducilos na aula. É preciso unha alta dose de tranquilidade que calme a ansia por conquistar o mundo multimedia nun curto prazo de tempo. Debemos visitar traballos de compañeiros/as, analizalar os seus elementos (curriculares, elementos visuais, lúdicos….), as presas poden facer perdernos e cair polos acantilados da desmotivación. Polo tanto, apostamos pola investigación en calquer acción formativa nas tics cara o profesorado, a nosa experiencia, dinos que é unha das claves para a calidade do deseño e integración dos materiais na aula e o seguimento e constancia no mundo multimedia. E dicir, temos que marisquear moito, moito, moito.
Desafortunadamente os/as deseñadores/as parecen esquencerse da nosa etapa e son moi poucos os exemplos que podemos atopar que realmente pasen os filtros de calidade.
Afortunadamente ningún profesional mellor co profesorado de Educación Infantil para adaptar o material existente e convertilo nun recurso que encaixa nas nosas dinámicas ( o mesmo que facemos cunha folla de xornal, que a convertimos nun barco, nunha pelota, nun puzzle de letras…). Integrar as tics non é tan so estar diante da pantalla do ordenador, podemos facer un safari fotográfico de aparatos eléctricos, decorar as distintas partes do ordenador, poñerlle nome, facer xoguetes cos cds, deseñar alfombrillas, …e pensar que practicamente todo o que se faga no contexto físico se pode facer en versión multimedia, o que implica que podemos chegar a normalizar o seu uso dun xeito natural: mentras alguns/as están facendo un collage con revistas,outros/as o poden estar facendo na pizarra dixital, outros/as nun ordenador de mesa, outros con material de desfeito pegados en soportes (corchos, chapas..); o mesmo con xogos de construcción, puzzles, facer personaxes….trátase que incluamos dentro da nosa programación un lugar para as tics, non que a peguemos dun xeito forzado, faise preciso unha reorganización dos recursos (materiais, espacio-temporais..), replantexarnos a forma de agrupamento: podemos facer actividades co ordenador de gran grupo, de pequenos grupos, en parella, individuais, en cadea…Repetimos: temos que replantexarnos as nosas programacións.
De novo, grazas e a seguir marisqueando sen ansiedade.
Ovos, area, lápices, fume....
Introducir manifestacións artísticas conectadas cos temas que incluimos nas nosas programacións, deseños de dinámicas..., cunha liña metodolóxica perceptiva, productiva, histórica e critico-reflexiva, nos proxectos, secuencias didácticas, obradoiros….que fagamos nas aulas é un reto, sen lugar a dúbidas. A limitación dos recursos é unha das situacións máis extendidas na nosa xeografía. Afortunadamente ca chegada do Internet os centros, esta é unha barreira que se vai limando, dando paso a información visual, traducida nun enfoque multisensorial para os esquemas de coñecementos do noso alumnado. Podemos visualizar galerías, falar sobre elas( con que están feitas?, como o fixo?, onde o fixo? en que estaría pensando o/a artista?...en definitiva poñerse en lugar do/a artista) escoller obras, imprimilas, facer fotomontaxes incluíndose eles/as como protagonistas, comics combinando obras e fotos de vivencias na escola por exemplo, poñerlle títulos, imprimilas e pegalas en materiais de desfeito para facer esculturas,…facer as súas propias obras e comparalas ca dos/as artistas estudiados/as. Pensemos na infinidade de accións educativas que conleva todo isto: observar, dialogar, escoller, identificarse, descartar, asociar, comparar,….Querida arte, benvida as nosas aulas de Educación Infantil.
Tizas e ratos de cores.
¿Que está ocurrindo cas pizarras dixitais nas nosas escolas? Ou mellor dito, ¿que non está ocurrindo?. Por algúns emails recibidos, por experiencias compartidas e vivenciadas,...podemos observar como durmen en almacéns sen sacalas das caixas, aparcadas esperando que alguén se deteña e deixen de ser extratarrestres que despertan o rexeitamento e que rematan na indiferencia,.. Un dos primeiro pasos é coñecer o potencial deste recurso, como os nenos e nenas interactuan co contido, non miralas con enemigas tecnolóxicas da tiza. Temos moi poucas experiencias recollidas na Galiza, e queremos apostar polo noso profesorado e alumnado galego. Aquí colgamos diversas dinámicas en distintas etapas para que miredes como a súa integración é posible, e como en Educación Infantil non é unha utopía.Podemos utilizala en gran grupo ( contos, videos, presentacións de temas con información visual...) en parellas, individualmente, ...podemos desenvolver accións paralelas (mentras uns/as traballan na pizarra, outros/a poden estar facendo puzzles, debuxos, lendo contos, traballando os mesmos contidos multimedia en soporte papel...). Ninguén está dicindo que sexa fácil, pero tampouco é imposible. Animo, compañeiros e compañeiras.
Novas creacións, vellos medos.
As veces, a maxía sae de dentro dun sombreiro que creiamos que estaba baleiro, outras de baules cheos de telas sen formas aparentes...e hoxe, do feito de ver como unha creación nosa cobra vida, baila,brinca e reproduce as súas formas habitando planetas que aínda quedan por descubrir, entón a maxía convirtese en arte que busca facerse camiño sobre novos soportes e que chaman as portas das aulas. Deixemolos entrar e convivir cos papeis, con cartóns, con pinceis, cas ceras....é sumarse agarimando a vellos medos a ser desprazos pola tecnoloxía, e unirse para darlle a oportunidade ós nosos nenos e nenas a experimentar e expresarse con distintas linguaxes.
Marisqueando: profesorado de 0-3 anos. (Cig-ensino)
En moitas ocasións escoitamos como non se considera interesante o feito de introduccir un ordenador en aulas do primeiro ciclo de Educación Infantil dubidando e desconfiando do seu potencial, e as persoas que deseñan esquencense de que existimos e que dende o noso nacemento somos seres sociais, e que polo tanto o coñecemento e uso das tics forma parte das bases dos distintos procesos de ensino- aprendizaxe. Apostar pola formación neste ámbito do profesorado, debe ser un compromiso, unha realidade que hai que visibilizar. Esta fin de semana desenvolveuse un obradoiro de novas tecnoloxías (que esperemos estar en vias de que deixen de ser "novas" e que sexa normalizada a súa convivencia e uso nas escolas co resto dos elementos das aulas). Saimos a "marisquear", porque "navegar" as veces queda nun plano contemplativo. Unha das cuestión claves é adaptar o material existente a esta franxa educativa, onde a estimulación xoga un papel protagonista. É fundamental unha fase de investigación por parte do profesorado para adquirir un criterio maduro ( a nivel de deseño, de análise de potencialidade en aula, de marxe das posibilidades de adaptación...) producindose unha apertura e invitación a embarcarse no deseño de materiais con distintos programas, utilización de espazos de comunicación habilitados na rede...O profesorado asistente entregouselles uns apuntamentos onde se recollen ideas, experiencias recollidas,vividas e sentidas en distintos centros educativos, agora esperamos que se este dossier medre cas súas aportacións e que nunha próxima xuntanza volvamos a crear un espazo de análise, reflexión e entusiamo e temores compartidos. Grazas polo voso tempo e a vosa implicación.
A nosa clase.
Un bo exemplo dun “caderno multimedia” en Educación Infantil na Galiza, é o de A NOSA CLASE dunha escola de A Coruña, Ponte dos Brozos, situado en Arteixo. Nel podemos atopar unha fusión de texto ( onde o mestre relata experiencias, vivencias, …), imaxes estáticas de distinta natureza: fotos dos nenos/as, debuxos…; videos e montaxes (festas, sesións de psicomotricidade), sons como a das voces dos nenos/as recitando poemiñas…O titor da aula, Jose Carlos, comenza a escribir este blog en Setembro e nos comenta:
“Hoxe comezou o curso escolar e con él iniciase tamén este experiencia. O obxectivo deste blog é ir contando as vivencias diarias dunha aula de Ed. Infantil dende os tres anos ata o seu paso a Primaria, o remate de cinco anos.” Dende aquí parabéns por este magnífico traballo e polo compromiso cas Tics na Educación Infantil. De novo Parabéns.
Bicos de vento.
Hoxe empeza unha nova andaina o caderno de Bicos de Vento, que toma o relevo do antigo Ventos de cores. Son poemiñas que xurden nas aulas, e que saen polas ventás interpretados polas voces dos nenos e nenas que xogan ca cor e música das palabras. Esperamos a vosa visita.
Contrato de mestra.
Dende Vieiros podemos acceder a esta aplicación que é síntoma do esforzo e da conciencia de moitos colectivos, onde nos temos que incluír e sumar a nosa labor como profesorado comprometido co cambio e mellora social. Agora desexamos ter este mesmo programa en galego.
O mundo de Iago.
Dende a Escola de Caracois queremos facernos eco dun caderno que día a día vai medrando, e que nos vai sorprendendo con novas informacións, vivencias, logros, dúbidas, …sobre Iago e o seu entorno. Un neno que tivemos a ocasión de coñecer persoalmente nun centro educativo de Porriño. Iago namora ca profundidade da súa mirada, mistura de incertidume e exploración do mundo cotidiá que lle rodea. Parabéns o esforzo da súa mama por ir texendo este caderno día a dia, seleccionando e mimando as imaxes, palabras fusionadas con sensacións, sentimentos, impresións…Podemos observar como timidamente se vai creando un espazo de intercambio, de relatos doutros nenos/as, é unha porta que abre moitas outras das que sen lugar a dúbidas, temos moito que aprender… Parabén Iago, Parabéns Mami de Iago. Grazas.
Ano novo,... novos e máis recursos para compartir...
Así queremos que chegue o 2007, cargadiño de boas intencións e de moitas ganas de seguir introduccindo as TICs nas aulas de Educación Infantil. Remexendo na rede, entre todos e todas, seguiremos atopando tesouros coma esta aplicación, ca que xa comprobamos que os nenos e nenas desfrutan e aprenden técnicas coma o do chorreo de Pollock en novos soportes. Este é un bo exemplo dun material sorprendente, onde o resultado non é predecible, sinxelamente xenial.
Chegan as nevadas do nadal a internet...
E chegan as datas de neve no almanaque e en internet, as rúas vístense de luces,as páxinas decoranse con símbolos do nadal importados (na gran maioria dos casos) …e nos coles escoitanse panxoliñas e os buzóns reais enchense de desexos e ilusións. Escola de caracois quere desexarvos o mellor e espera seguir contando con todos/as vos para vindeiro ano, porque foi realmente un placer coñecervos. Moitas grazas compañeiros e compañeiras, nenos e nenas…por todo o que nos ensiñachedes e compartichedes neste ano. Saúde e mar. |
Máis alá do almanaque.
Ainda que na Escola de Caracóis sempre apostamos por un tratamento transversal en matéria de xénero e dos dereitos en xeral, non queremos deixar pasar o feito de que nalguns colexios celébrase o 25 de novembro o Dia da Violência de Xenéro, e en case todos o Dia da Constitución. Esperamos que non so nos quedemos en cantarlle “o cumpleanos feliz ó documento” senón que traballemos os contidos, sobre todos os que vivencian nas súas famílias, contexto escolar, nos medios de comunicación...o alumnado. Isto debe ser un compromiso de todos/as nós, non so lembrarnos dunha necesidade social e vital grave, nun dia sinalado no almanaque e pasar telón na conciencia. Que os murais onde se reflexen as desigualdades sociais, as situacións de discriminación...estean pendurados durante todo o ano. ¡ O pensamento do alumnado construese dia a dia!.
As letras seguen sendo as protagonistas deste artigo. Na escola de caracóis xogamos cas letras que viven nas cancións, nos puzzles, nos xogos de construccións, que viven nas ilustracións dos contos, que fan cóxegas na língua cando inventamos rimas, letras que se maquillan nos anúncios publicitários, que se dan a man nos títulos de prensa, que voan pólas páxinas de internet deixando camiños de cores..., nas indicacións do xel de baño e do champú, da caixa de cereais e de galletas...Bailemos cas súas formas, cos seus sons, cas cores, ca construcción de signficados, bailemos con elas.