A nosa clase.
Un bo exemplo dun “caderno multimedia” en Educación Infantil na Galiza, é o de A NOSA CLASE dunha escola de A Coruña, Ponte dos Brozos, situado en Arteixo. Nel podemos atopar unha fusión de texto ( onde o mestre relata experiencias, vivencias, …), imaxes estáticas de distinta natureza: fotos dos nenos/as, debuxos…; videos e montaxes (festas, sesións de psicomotricidade), sons como a das voces dos nenos/as recitando poemiñas…O titor da aula, Jose Carlos, comenza a escribir este blog en Setembro e nos comenta:
“Hoxe comezou o curso escolar e con él iniciase tamén este experiencia. O obxectivo deste blog é ir contando as vivencias diarias dunha aula de Ed. Infantil dende os tres anos ata o seu paso a Primaria, o remate de cinco anos.” Dende aquí parabéns por este magnífico traballo e polo compromiso cas Tics na Educación Infantil. De novo Parabéns.
2 comentarios
mamiago -
mary -