
								
				
				En moitas ocasións escoitamos como non se considera 
interesante o feito de 
introduccir un ordenador en aulas do primeiro ciclo de 
Educación Infantil dubidando e 
desconfiando do seu 
potencial, e as persoas que deseñan esquencense de que existimos e que dende o noso 
nacemento somos seres sociais, e que polo tanto o coñecemento e 
uso das tics forma parte das 
bases dos 
distintos procesos de ensino- aprendizaxe. 
Apostar pola formación neste ámbito do profesorado, debe ser un compromiso, unha realidade que hai que 
visibilizar. Esta fin de semana desenvolveuse un obradoiro de novas tecnoloxías (que esperemos estar en vias de que deixen de ser "novas" e que sexa normalizada a súa convivencia e 
uso nas escolas co resto dos elementos das aulas). Saimos a "marisquear", porque "navegar" as veces queda nun plano contemplativo. Unha das cuestión claves é 
adaptar o 
material existente a esta franxa educativa, onde a 
estimulación xoga un 
papel protagonista. É fundamental unha fase de 
investigación por parte do profesorado para adquirir un criterio  maduro ( a nivel de deseño, de análise de potencialidade en aula, de marxe das 
posibilidades de adaptación...) producindose unha apertura e invitación a embarcarse no deseño de materiais con distintos programas, utilización de espazos de 
comunicación habilitados na rede...O profesorado asistente entregouselles uns apuntamentos onde se recollen
 ideas, 
experiencias recollidas,vividas e 
sentidas en distintos centros educativos, agora esperamos que se este dossier medre cas súas aportacións e que nunha próxima xuntanza volvamos a crear un espazo de 
análise, reflexión e 
entusiamo e temores compartidos. 
Grazas polo voso tempo e a vosa implicación.			
 
			
			
3 comentarios
lalo -
Teacher Chus -
Aquí queda este blog para quen queira seguir traballando e pola miña banda queda seguir con ilusión ata xuño aquí e poñer as mismas gañas no novo cole no que traballarei para o ano.
mamiago -