Blogia
Escola de caracois

Marisqueando: profesorado de 0-3 anos. (Cig-ensino)

Marisqueando: profesorado de 0-3 anos. (Cig-ensino) En moitas ocasións escoitamos como non se considera interesante o feito de introduccir un ordenador en aulas do primeiro ciclo de Educación Infantil dubidando e desconfiando do seu potencial, e as persoas que deseñan esquencense de que existimos e que dende o noso nacemento somos seres sociais, e que polo tanto o coñecemento e uso das tics forma parte das bases dos distintos procesos de ensino- aprendizaxe. Apostar pola formación neste ámbito do profesorado, debe ser un compromiso, unha realidade que hai que visibilizar. Esta fin de semana desenvolveuse un obradoiro de novas tecnoloxías (que esperemos estar en vias de que deixen de ser "novas" e que sexa normalizada a súa convivencia e uso nas escolas co resto dos elementos das aulas). Saimos a "marisquear", porque "navegar" as veces queda nun plano contemplativo. Unha das cuestión claves é adaptar o material existente a esta franxa educativa, onde a estimulación xoga un papel protagonista. É fundamental unha fase de investigación por parte do profesorado para adquirir un criterio  maduro ( a nivel de deseño, de análise de potencialidade en aula, de marxe das posibilidades de adaptación...) producindose unha apertura e invitación a embarcarse no deseño de materiais con distintos programas, utilización de espazos de comunicación habilitados na rede...O profesorado asistente entregouselles uns apuntamentos onde se recollen ideas, experiencias recollidas,vividas e sentidas en distintos centros educativos, agora esperamos que se este dossier medre cas súas aportacións e que nunha próxima xuntanza volvamos a crear un espazo de análise, reflexión e entusiamo e temores compartidos. Grazas polo voso tempo e a vosa implicación.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

3 comentarios

lalo -

tiene gracia lo de marisquear.os copio el termino. saludos desde coruña.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

Teacher Chus -

Sinto non ter noticias de esa xuntanza polo que vin tiña moi boa pinta.Aquí anda teacher pendente do seu destino porque parece que nos mandan para a banda de Rianxo ou algo por alá,pero ainda falta a lista definitiva de adxudicacións do concurso de traslados e ata abril ou maio non hai nada seguro.
Aquí queda este blog para quen queira seguir traballando e pola miña banda queda seguir con ilusión ata xuño aquí e poñer as mismas gañas no novo cole no que traballarei para o ano.

mamiago -

si a mi me ha llevado una hora leer este maravilloso trabajo, ¿cuánto te ha llevado escribirlo?. NENA, TÚ VALES MUCHO.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres