Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2007.
02/06/2007
Personaxes de cores.

Luns, martes, mércores e xoves. Cada día despois do recreo visualizamos no ordenador un video cortiños sobre arte. Parece que a combinación de música e cores lles relaxa, acción que se busca atendendo a curva da fatiga cando chegan do patio. O venres lembramos tódalas cores, obras, formas...que fumos observando durante a semana, e o venres, os nenos e as nenas convertíronse en directores/as de cine, sendo as personaxes as cores. Empezaron a pedirse: eu son o laranxa, eu o vermello...as cores na arte, as cores nos papeis, nas froitas, nas liñas en movemento,as cores nas luces da rúa, nas volvoretas, as cores na arte que entra nas escolas, na educación, as cores na vida. Foi unha realemente sorprendente.
09/06/2007
Pintando música.
Debuxar música, sentir a música nas mans, nos pés, na punta do nariz…isto foi o que fixeron as tartarugas verdes esta semana. No aula teñen dous ordenadores con conexión a Internet. Nun sentáronse o encargado do día Brais e Lúa (apostamos polas parellas mixtas, compartindo o rato, tomando decisión conxuntas…sen roles de piloto e secretaria). No outro ordenador algúns nenos/as e na mesa central papel de mural estirado e pinturas, moitas pinturas. Empeza a soar a música nun ordenador de Vivaldi, no outro ordenador empezan a pintar os sons ca aplicación de Pollock, alguns/as simplemente visualizan o video e outros/as pintan no soporte papel, outros/as bailan pola clase…a mestra non deixa de sorprenderse e sorrir. Deixemos que a música lle faga cóxegas os nosos nenos e nenas.


