Contidos sen violencia para os nosos nenos e nenas.
David, é un neno de 4 anos. Vive en Nigrán e lle encanta xogar cos animais, dí que de maior quere ser veterinario. El é un dos caracois desta Escola. Hoxe quere contarvos cales son as súas páxinas favoritas: Fantasmín, Boohbah, Poisson e Wumpa. Pensamos que lle gustan estas páxinas porque vai descubrindo xogos, contos...son verdadeiras aventuras de cores, formas e notas musicais. Tamén o deseño está perfectamente estudiado, sendo unha fonte de estímulos que enriquece notablemente os seus esquemas de coñecemento. Son tres páxinas nas que son inexistentes os contidos violentos, e que serven como exemplo para calar, dun xeito argumentado, moitas das críticas que acusan ós “ordenadores” de encherlle ás cabeciñas de lixo. Internet é como unha gran cidade. Decímoslle ós nosos fillos/as que non se pode cruzar cando o semáforo está en vermello, pero seguimos colléndolle a man e cruzando con eles/as. O código das cores dos semáforos repetímosllo unha e outra vez, un dia tras outro. Pois o mesmo debe ocorrer ca actitude diante do ordenador. Non os podemos sentar diante deles e tan so advertirlle que non queremos que xoguen a guerras, nen onde haia sangue..debemos decirllo e estar sentados con eles/as, xogar con eles/as, falar con eles/as, comentar os xogos...Non os podemos deixar sos na gran cidade de Internet, porque a probabilidade de que se perdan e de que os atropellen é moi alta. Temos que ensinarlle a camiñar por sitios seguros, por páxinas adaptadas as súas características evolutivas. Agora temos que empezar a facer páxinas así en galego, no noso idioma, para que os nenos e as nenas, camiñen tamén pola súa cidade dentro da gran cidade deInternet.
3 comentarios
Anónimo -
Pili Sancho -
Belén -