Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2007.

04/04/2007

Novas creacións, vellos medos.

20070404130128-copia-2-de-08-maurits-escher-bond-20of-20union.jpg

As veces, a maxía sae de dentro dun sombreiro que creiamos que estaba baleiro, outras de baules cheos de telas sen formas aparentes...e hoxe, do feito de ver como unha creación nosa cobra vida, baila,brinca e reproduce as súas formas habitando planetas que aínda quedan por descubrir, entón a maxía convirtese en arte que busca facerse camiño sobre novos soportes  e que chaman as portas das aulas. Deixemolos entrar e convivir cos papeis, con cartóns, con pinceis, cas ceras....é sumarse agarimando a vellos medos a ser desprazos pola tecnoloxía, e unirse para darlle a oportunidade ós nosos nenos e nenas a experimentar e expresarse con distintas linguaxes.

04/04/2007 13:01 Autor: escoladecaracois. Enlace permanente. Hay 4 comentarios.

10/04/2007

Tizas e ratos de cores.

20070410212258-fotogpocinco.jpg

¿Que está ocurrindo cas pizarras dixitais nas nosas escolas? Ou mellor dito, ¿que non está ocurrindo?. Por algúns emails recibidos, por experiencias compartidas e vivenciadas,...podemos observar como durmen en almacéns  sen sacalas das caixas, aparcadas esperando que alguén se deteña e deixen de ser extratarrestres que despertan o rexeitamento e que rematan na indiferencia,.. Un dos primeiro pasos é coñecer o potencial deste recurso, como os nenos e nenas interactuan co contido, non miralas con enemigas tecnolóxicas da tiza. Temos moi poucas experiencias recollidas na Galiza, e queremos apostar polo noso profesorado e alumnado galego. Aquí colgamos diversas dinámicas en distintas etapas  para que miredes como a súa integración é posible, e como en Educación Infantil non é unha utopía.Podemos utilizala en gran grupo ( contos, videos, presentacións de temas con información visual...) en parellas, individualmente, ...podemos desenvolver accións paralelas (mentras uns/as traballan na pizarra, outros/a poden estar facendo puzzles, debuxos, lendo contos, traballando os mesmos contidos multimedia en soporte papel...). Ninguén está dicindo que sexa fácil, pero tampouco é imposible. Animo, compañeiros e compañeiras.

10/04/2007 21:22 Autor: escoladecaracois. Enlace permanente. Hay 3 comentarios.

17/04/2007

Ovos, area, lápices, fume....

20070417133419-lrg-78-pencil-artwork-03.jpgIntroducir manifestacións artísticas conectadas cos temas que incluimos nas nosas programacións, deseños de dinámicas..., cunha liña metodolóxica perceptiva, productiva, histórica e critico-reflexiva,  nos proxectos, secuencias didácticas, obradoiros….que fagamos nas aulas é un reto, sen lugar a dúbidas. A limitación dos recursos é unha das situacións máis extendidas na nosa xeografía. Afortunadamente ca chegada do Internet os centros, esta é unha barreira que se vai limando, dando paso a información visual, traducida nun enfoque multisensorial para os esquemas de coñecementos do noso alumnado. Podemos visualizar galerías, falar sobre elas( con que están feitas?, como o fixo?, onde o fixo? en que estaría pensando o/a artista?...en definitiva poñerse en lugar do/a artista) escoller obras, imprimilas, facer fotomontaxes incluíndose eles/as como protagonistas, comics combinando obras e fotos de vivencias na escola por exemplo, poñerlle títulos, imprimilas e pegalas en materiais de desfeito para facer esculturas,…facer as súas propias obras e comparalas ca dos/as artistas estudiados/as. Pensemos na infinidade de accións educativas que conleva todo isto: observar, dialogar, escoller, identificarse, descartar, asociar, comparar,….Querida arte, benvida as  nosas aulas de Educación Infantil.
17/04/2007 13:34 Autor: escoladecaracois. Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

27/04/2007

Seguimos marisqueando.(AS-PG. Cig-ensino) .Xornadas de Educación Infantil.

20070517124737-gonsalves-castleonthecliff.jpg

Da man da AS-PG e CIG-Ensino, saímos de novo a marisquear  polo litoral da Educación Infantil, buscando mostrar recunchos con relatos de experiencias nas escolas galegas. Certamente hai que escaravellar aínda moito na area do país para atopar exemplos de introducción e integración das tics nas nosas dinámicas de aula. Aínda así, imos metendo no cesto algunhas que abren camiño a motivación, e a mostrar que sen deixar de ser un reto difícil non é imposible. Dende a escola de caracois queremos subliñar a importancia de investigar, investigar e investigar…e seguir investigando como paso previo, paralelo e a posteriori cando o profesorado se decide a deseñar os seus materiais e a introducilos na aula. É  preciso unha alta dose de tranquilidade que calme a ansia por conquistar o mundo multimedia nun curto prazo de tempo. Debemos visitar traballos de compañeiros/as, analizalar os seus elementos (curriculares, elementos visuais, lúdicos….), as presas poden facer perdernos e cair polos acantilados da desmotivación. Polo tanto, apostamos pola investigación en calquer acción formativa nas tics cara o profesorado, a nosa experiencia, dinos que é unha das claves para  a calidade do deseño e integración dos materiais na aula e o seguimento e constancia no mundo multimedia. E dicir, temos que marisquear moito, moito, moito.

Desafortunadamente os/as deseñadores/as parecen esquencerse da nosa etapa e son moi poucos os exemplos que podemos atopar que realmente pasen os filtros de calidade.

Afortunadamente ningún profesional mellor co profesorado de Educación Infantil para adaptar o material existente e convertilo nun recurso que encaixa nas nosas dinámicas ( o mesmo que facemos cunha folla de xornal, que a convertimos nun barco, nunha pelota, nun puzzle de letras…). Integrar as tics non é tan so estar diante da pantalla do ordenador, podemos facer un safari fotográfico de aparatos eléctricos, decorar as distintas partes do ordenador, poñerlle nome, facer xoguetes cos cds, deseñar alfombrillas, …e pensar que practicamente todo o que se faga no contexto físico se pode facer en versión multimedia, o que implica que podemos chegar a normalizar o seu uso dun xeito natural: mentras alguns/as están facendo un collage con revistas,outros/as o poden estar facendo na pizarra dixital, outros/as nun ordenador de mesa, outros con material de desfeito pegados en soportes (corchos, chapas..);  o mesmo con xogos de construcción, puzzles, facer personaxes….trátase que incluamos dentro da nosa programación un lugar para as tics, non que a peguemos dun xeito forzado, faise preciso unha reorganización dos recursos (materiais, espacio-temporais..), replantexarnos a forma de agrupamento: podemos facer actividades co  ordenador de gran grupo, de pequenos grupos, en parella, individuais, en cadea…Repetimos: temos que replantexarnos as nosas programacións.

De novo, grazas e a seguir marisqueando sen ansiedade.

27/04/2007 20:55 Autor: escoladecaracois. Enlace permanente. Hay 8 comentarios.


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]