Se muestran los artículos pertenecientes a Noviembre de 2006.

04/11/2006

20061104113717-07-joan-miro-oro-de-azur.jpgAs letras seguen sendo as protagonistas deste artigo. Na escola de caracóis xogamos cas letras que viven nas cancións, nos puzzles, nos xogos de construccións, que viven nas ilustracións dos contos, que fan cóxegas na língua cando inventamos rimas, letras que se maquillan nos anúncios publicitários, que se dan a man nos títulos de prensa, que voan pólas páxinas de internet deixando camiños de cores..., nas indicacións do xel de baño e do champú, da caixa de cereais e de galletas...Bailemos cas súas formas, cos seus sons, cas cores, ca construcción de signficados, bailemos con elas.  
04/11/2006 11:37 Autor: escoladecaracois. Enlace permanente. Hay 5 comentarios.

24/11/2006

Máis alá do almanaque.

20061124104558-12-andy-warhol-ratilyn.png
Ainda que na Escola de Caracóis sempre apostamos por un tratamento transversal en matéria de xénero e dos dereitos en xeral, non queremos deixar pasar o feito de que nalguns colexios celébrase o  25 de novembro  o Dia da Violência de Xenéro, e en case todos o Dia da Constitución. Esperamos que  non so nos quedemos en cantarlle “o cumpleanos feliz ó documento”  senón que traballemos os contidos, sobre todos os que vivencian nas súas famílias, contexto escolar, nos medios de comunicación...o alumnado. Isto debe ser un compromiso de todos/as nós, non so lembrarnos  dunha necesidade social e vital grave, nun dia sinalado no almanaque e pasar telón na conciencia. Que os murais onde se reflexen as desigualdades sociais, as situacións de discriminación...estean pendurados durante todo o ano. ¡ O pensamento do alumnado construese dia a dia!. 
24/11/2006 10:41 Autor: escoladecaracois. Enlace permanente. Hay 8 comentarios.


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]