Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2006.

04/05/2006

Somos maquilladores e maquilladoras.

20060506221442-1279972725207920.jpg

Como xa dixemos noutras ocasión podemos traballar a coeducación a través de moitos materiais aínda que non foran deseñados para este fin. Neste espazo poderemos atopar un rostro para maquillar, que logo publicarase na portada dunha revista de moda. Aproveitaremos para reflexionar sobre esteriotipos. Podemos facer un collage buscando persoas con distintas características e incluilas nesta revista.

04/05/2006 10:10 Autor: escoladecaracois. Enlace permanente. Hay 1 comentario.

Música mestre e mestra!!!

20060504103853-small-romare-beardon.jpgAquí temos a unhas personaxes moi simpáticas que están esperando a que dirixas o coro. Os nenos e as nenas poden tamén organizarse en distintos grupos e cantar como elas cando o indique o director ou directora dende o teclado. Tamén podemos tocar o piano e moitos máis instrumentos que atoparemos na rede e que temos na nosa aula. A cantar e bailar moito...
04/05/2006 10:37 Autor: escoladecaracois. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

06/05/2006

Facendo eco das iniciativas en galego.

20060506211732-2415964157840503.jpgAínda que este material,  A TINTA DAS LETRAS,  non naceu pensando nos nenos e nenas de Educación Infantil ou Primaria, pensamos e sentimos que temos que facernos eco das iniciativas que se están deseñando no noso país. Podedes participar como mestres e mestras.¡Animádevos!.
06/05/2006 20:57 Autor: escoladecaracois. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

Cadernos na rede, apuntamentos do día a dia nas escolas galegas...

20060506220227-portadanoemi.jpgPouco a pouco, imos atopando cadernos (os chamados blogs) na rede. É unha invitación a que entremos nas escolas e compartamos experiencias entre docentes, entre os nenos e as nenas, que conversemos a través dos comentarios e as imaxes...é vivir experiencias en espazos virtuais.  Algúns relatan actividades, proxectos...que fan nos seus centros, e outros deciden facelo sobre algo máis específico: recopilando poemas, receitas nun obradoiro de cociña de Educación Especial Aceesca....Aquí tedes algúns exemplos: Vagalume, Pequerrechos,  Piñeiriño, Alvarez-limeses...e esperamos que os vosos se empecen a escribir prontiño.
06/05/2006 22:02 Autor: escoladecaracois. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

07/05/2006

Xogamos ás AGACHADAS INTERNEIRAS.

20060507101515-7800336743936792.jpg

Podemos xogar nun parque con pedras, balóns…na praia ca area, con caldeiros….na alfombra do salón con bonecos e coches… e tamén podemos xogar nun portal da rede. É interesante que sexa o propio neno o que  explore e vaia descubrindo distintos contidos: xogos, contos, puzzles, cancións…pero tamén é moi divertido xogar “as agachadas interneiras” onde deberán atopar aquelas cuestións, obxectos, palabras, imaxes…ou realizar actividades que se localicen nel, como escribir unha postal, seguir unha historia, resolver unha adiviña…que se lle indiquen, recomendamos que se poñan por parellas para fomentar a cooperación.

Previamente seleccionaremos un portal que conecte cos seus intereses, temas tratados na aula, a súa vida cotidiá…e buscaremos retos para logo plantexarlle a eles e elas. Aquí tedes un exemplo de portal que se presta moi ben para este tipo de dinámica. Poderiamos proporlle retos nesta agachada interneira coma: escribe unha postal, fai un almanaque do mes no que nos atopamos, contesta esta pregunta¿ que instrumento podemos tocar na zona de música?, ¿Cómo se chama a personaxe que nos ensina as partes do corpo?... Podemos deseñar un rexistro onde vaian vendo ós aspectos os que debe de chegar, facendo anotacións ó lado, pegando gomets, coloreando ...cando os vaian acadando.Para os máis pequenos os retos serán todos visuais, por exemplo investigando por esta páxina.

 
07/05/2006 10:07 Autor: escoladecaracois. Enlace permanente. Hay 1 comentario.

09/05/2006

Exemplo de Webquest

20060510105141-miro.jpg

 

As Webquest son actividades educativas que van máis alá dunha simples buscas pola rede. Nas Webquest é preciso traballar en equipo e realizar tarefas nas que ademais de empregar un ordenador hai que utilizar outras ferramentas para a elaboración en moitos casos de pequenos traballos que recollan todo o que se estivo facendo.

Este é un exemplo de Webquest para primaria que nesta Páxina podemos atopar en galego.

Outra modalidade de actividades a través de internet son as cazas de tesouros. Esta é unha que está relacionada co Día das letras galegas deste ano e que ademais ten premio. Aquí tedes un Xenerador en galego e aquí exemplos de webquest para Educación Infantil.

09/05/2006 13:40 Autor: escoladecaracois. Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

26/05/2006

Pintando con Picasso.

20060526195909-imagespicas.jpg

Grazas a esta aplicación temos a oportunidade de achegarnos a un dos xenios do mundo da Arte, estamos falando de Picasso. Nas aulas non so debemos darlle importancia as obras dos nenos cando as rematan senon que será no proceso cando se aproximen o facer, o sentir, o dubidar, o decidir..dos artistas.Esperamos que disfrutes e que nos enviedes espazos semellantes a este.

26/05/2006 19:59 Autor: escoladecaracois. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

Teclado, rato....aprendamos sempre xogando.

20060526203505-joan-miro-character-small.jpg

Estamos recibindo varios correos preguntándonos por páxinas para traballar habilidades básicas para o funcionamento do ordenador, xa que pouco a pouco, afortunadamente, están introduccindose os ordenadores nas nosas escolas, agora teremos que facer por integralos na nosa práctica diaria e cotidiá, pouco a pouco...Aquí tedes algunhas onde se fusionan o manexo do teclado, o rato...ca compoñente lúdica, sempre fundamental. Podemos xogar ó baloncesto,  ó ping pong, ó futbol, a coller ovos de galiña, a saír dun laberinto, unir puntos, cazar parrulos...Xa nos diredes como funcionan, e lembrade que é bo que vaiades facendo un banco de enderezos e ensinarlle ós nenos e as nenas a acceder a eles.

26/05/2006 20:35 Autor: escoladecaracois. Enlace permanente. Hay 3 comentarios.


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]