Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2006.

03/04/2006

Leo lo que veo.

20060403192950-images.jpg

O título deste artigo sintetiza o contido desta páxina. Nela podedes atopar información visual sobre temas que podemos traballar nas nosas aulas: o corpo, animais...Botádelle un ollo e se coñeces outras similades mandade os enderezos.

03/04/2006 19:27 Autor: escoladecaracois. Enlace permanente. Hay 3 comentarios.

Un paseo polo bosque das actividades...

20060429101542-ca8dv503.jpg

Afortunadamente imonos atopando con materiais que miman o entorno e que son deseñados para os nosos nenos e nenas. Son materiais multimedia onde se fusiona a imaxe, o son e a palabra,..invitando ó neno a pasear por este bosque de sorpresas..

03/04/2006 20:09 Autor: escoladecaracois. Enlace permanente. Hay 1 comentario.

Unha mascota virtual.

20060403205004-cabanp.jpg

Ter unha mascota virtual nunca vai a desplazar a idea de ter unha mascota que se poida tocar, coller, peitear, dar de comer...pero si que podemos ter unha "física" na aula ou en casa e outra virtual que nos pode facer pasar un rato divertido ( pero nunca sustituirá o can, nen o gato, nen a tartaruga...). As dúas poden ser amigas nosas, pero de distinto xeito.

03/04/2006 20:50 Autor: escoladecaracois. Enlace permanente. Hay 1 comentario.

04/04/2006

Xogamos cos números.

20060404111426-numeros.jpg

Nas nosas aulas xogamos constantemente cos números, existen moitas páxinas que poden aportar novos e atractivos entornos para xogar con eles.

04/04/2006 11:14 Autor: escoladecaracois. Enlace permanente. Hay 1 comentario.

14/04/2006

Xogar cos nomes.

20060414111321-nomes.jpgOs nomes dos nenos e das nenas en Educación Infantil están cheos de maxia e podemos xogar con eles de moitas formas. ¿Que che parece se o escribimos en "exipcio"?.
14/04/2006 11:13 Autor: escoladecaracois. Enlace permanente. Hay 1 comentario.

Enviamos postais.

20060429100256-pajarosp.jpgExisten moitas páxinas dende o onde podemos enviar postais. Poden ser os propios nenos os que a elixan polo seu debuxo. Para elo é moi interesante ter unha rede de enderezos e poñerse en contacto entre os mestres. Por exemplo podemos mandar postais nos cumpleanos dos nenos dos outros centros ( para elo teremos unha relación das datas nas aulas). Tamén podemos aproveitar os días conmemorativos do almanaque:  o día da muller traballadora, o día da Paz..., ou simplemente podemos celebrar e felicitar días que desexemos: o día dos paraugas, o día dos calcetíns de cores...As postais tamén poden convertirse en invitacións para que asistan a algún festival, exposición...Ös nenos e as nenas gústalle mandar e recibir.
14/04/2006 11:35 Autor: escoladecaracois. Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

15/04/2006

Unha pizarra con movemento.

20060415210336-ca0j4tcv.jpg¿Como podemos debuxar o movemento?. Aqui temos unha aplicación que nos permite facelo, ainda así, que ninguén renuncie a escribir cun pau na area da praia, encende os altavoces, isto é un agasallo para os mestres e as mestras de educación infantil, fusión de educación, arte, novas tecnoloxías, e a vida...
15/04/2006 20:14 Autor: escoladecaracois. Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

Letras Galegas.

20060415205355-letras-galegas.jpg

Moitas gracias a tódalas persoas que están colaborando con nós neste caderno, neste espazo de comunicación, hoxe queremos dar as gracias especialmente a Belén, que sempre está ai, aportando recursos e moitos materiais.  Hoxe mandounos esta páxina que vos pode ser de utilidade sobre as letras galegas.

15/04/2006 20:47 Autor: escoladecaracois. Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

16/04/2006

A ritmo de Karaoke.

20060416102857-camfuv8v.jpg

Enchufade os altavoces, todos e todas a cantar e a bailar co karaoke. ¿Non é realmente divertido?.¿Coñeces máis páxinas de este estilo?. Tamén podemos cantar en inglés con moitos amiguiños.

16/04/2006 10:28 Autor: escoladecaracois. Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

Literatura na rede.

20060416195019-ventos-de-cores2.jpgAcaba de nacer un novo caderniño onde se van a ir recollendo poemas cos que se traballan nas aulas de Educación Infantil. Mimando as palabras, entonando cos ollos moi abertos e moi pechados, soñando con mundos onde os gatos falan e o ceo texe un abrigo para a lúa. Esperamos que vos guste e vos sexa útil.
16/04/2006 19:50 Autor: escoladecaracois. Enlace permanente. Hay 1 comentario.

17/04/2006

Temas transversais.

20060417072825-ca27gxyj.jpg

Están escribindo profes preguntando por recursos para traballar os temas transversais na aula. Pensamos que moitos dos que temos falado xa se prestan para elo, dun xeito ou outro. De tódolos xeitos, podemos atopar material específico na rede que os pode reforzar dun xeito lúdico e que están tendo moi boa acollida entre os nenos e nenas.

17/04/2006 07:28 Autor: escoladecaracois. Enlace permanente. Hay 5 comentarios.

22/04/2006

Fotografía artística nas nosas aulas.

20060425170444-madoz.jpg¿Que lle pode aportar a fotografía artística ó noso alumanado?. Dende aqui propomos (e apostamos) pola inclusión deste recurso visual nas nosas aulas. Facede unha visita cos nenos e nenas pola obra de Chema Madoz. É unha experiencia estética e vivencial do máis grata para eles e para nós.
22/04/2006 16:59 Autor: escoladecaracois. Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

25/04/2006

Unha caixa de sorpresas...

20060512115548-miro-person-throwing-stone-small.jpg
Unha boa amiga, compañeira e mestra pasounos este enlace que estamos seguros de que lle sacaredes moito proveito. Ë unha caixa de sorpresas....¿Que vos parece se facemos un collage?, ¿Ou se xogamos con formas xeométricas en movemento e de cores?...¿A que máis podemos xogar?.
25/04/2006 17:18 Autor: escoladecaracois. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

As partes da cara.

20060429101449-ca41u78x.jpg

A miúdo xogamos nas nosas aulas cas distintas partes da cara,¿que vos parece  se ademáis de mirarnos ó espello, esculpir as formas das caras dos compañeiros, facer máscaras e maquillarnos.... tamén traballamos co noso amigo o ordenador?.

25/04/2006 17:50 Autor: escoladecaracois. Enlace permanente. Hay 1 comentario.

26/04/2006

A granxa de internet.

20060426182620-submarina2.jpgOs animais soen ser as personaxes favoritas dos nenos e das nenas, por iso xogamos nas nosas aulas con cancións, poemas, puzzles, debuxos, contos...onde eles son os protagonistas que dan vida as historias. En internet tamén podemos atopar moitos recursos que podemos incluir nas nosas dinámicas. Benvid@s a granxa de internet.
26/04/2006 18:26 Autor: escoladecaracois. Enlace permanente. Hay 1 comentario.

O contacontos.

20060512115425-joan-miro-dutch-interior-small.jpgHabía unha vez un xardín onde as flores so medradan ca música. Un día caiu unha gran nevada e puseronse a xogar ca neve. Entroulles xeo nas orellas e como non escoitan ningunha melodía foron quedándose durmidas...Empezaron a saír personaxes das obras de arte para despertalas...¿Queres seguir ti este conto por outras páxinas que coñezas?.
26/04/2006 19:36 Autor: escoladecaracois. Enlace permanente. Hay 1 comentario.

29/04/2006

Creamos personaxes.

20060429094221-gatoazulp.jpg
Podemos inventar e crear personaxes ca palabra, ca música, con títeres, nunha folla de papel...e tamén en espazos que nos ofrece internet.¿Como se chama o que ti creache?. ¿Onde vive?.¿Que lle gusta facer?...Podemos imprimilos e elaborar contos para a nosa biblioteca, xogar con eles...as posibilidades son infinitas.
29/04/2006 09:42 Autor: escoladecaracois. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]