Blogia

Escola de caracois

Temas transversais.

Temas transversais.

Están escribindo profes preguntando por recursos para traballar os temas transversais na aula. Pensamos que moitos dos que temos falado xa se prestan para elo, dun xeito ou outro. De tódolos xeitos, podemos atopar material específico na rede que os pode reforzar dun xeito lúdico e que están tendo moi boa acollida entre os nenos e nenas.

Literatura na rede.

Literatura na rede.

Acaba de nacer un novo caderniño onde se van a ir recollendo poemas cos que se traballan nas aulas de Educación Infantil. Mimando as palabras, entonando cos ollos moi abertos e moi pechados, soñando con mundos onde os gatos falan e o ceo texe un abrigo para a lúa. Esperamos que vos guste e vos sexa útil.

A ritmo de Karaoke.

A ritmo de Karaoke.

Enchufade os altavoces, todos e todas a cantar e a bailar co karaoke. ¿Non é realmente divertido?.¿Coñeces máis páxinas de este estilo?. Tamén podemos cantar en inglés con moitos amiguiños.

Letras Galegas.

Letras Galegas.

Moitas gracias a tódalas persoas que están colaborando con nós neste caderno, neste espazo de comunicación, hoxe queremos dar as gracias especialmente a Belén, que sempre está ai, aportando recursos e moitos materiais.  Hoxe mandounos esta páxina que vos pode ser de utilidade sobre as letras galegas.

Unha pizarra con movemento.

Unha pizarra con movemento.

¿Como podemos debuxar o movemento?. Aqui temos unha aplicación que nos permite facelo, ainda así, que ninguén renuncie a escribir cun pau na area da praia, encende os altavoces, isto é un agasallo para os mestres e as mestras de educación infantil, fusión de educación, arte, novas tecnoloxías, e a vida...

Enviamos postais.

Enviamos postais.

Existen moitas páxinas dende o onde podemos enviar postais. Poden ser os propios nenos os que a elixan polo seu debuxo. Para elo é moi interesante ter unha rede de enderezos e poñerse en contacto entre os mestres. Por exemplo podemos mandar postais nos cumpleanos dos nenos dos outros centros ( para elo teremos unha relación das datas nas aulas). Tamén podemos aproveitar os días conmemorativos do almanaque:  o día da muller traballadora, o día da Paz..., ou simplemente podemos celebrar e felicitar días que desexemos: o día dos paraugas, o día dos calcetíns de cores...As postais tamén poden convertirse en invitacións para que asistan a algún festival, exposición...Ös nenos e as nenas gústalle mandar e recibir.

Xogar cos nomes.

Xogar cos nomes.

Os nomes dos nenos e das nenas en Educación Infantil están cheos de maxia e podemos xogar con eles de moitas formas. ¿Que che parece se o escribimos en "exipcio"?.

Xogamos cos números.

Xogamos cos números.

Nas nosas aulas xogamos constantemente cos números, existen moitas páxinas que poden aportar novos e atractivos entornos para xogar con eles.

Unha mascota virtual.

Unha  mascota virtual.

Ter unha mascota virtual nunca vai a desplazar a idea de ter unha mascota que se poida tocar, coller, peitear, dar de comer...pero si que podemos ter unha "física" na aula ou en casa e outra virtual que nos pode facer pasar un rato divertido ( pero nunca sustituirá o can, nen o gato, nen a tartaruga...). As dúas poden ser amigas nosas, pero de distinto xeito.

Un paseo polo bosque das actividades...

Un paseo polo bosque das actividades...

Afortunadamente imonos atopando con materiais que miman o entorno e que son deseñados para os nosos nenos e nenas. Son materiais multimedia onde se fusiona a imaxe, o son e a palabra,..invitando ó neno a pasear por este bosque de sorpresas..

Leo lo que veo.

Leo lo que veo.

O título deste artigo sintetiza o contido desta páxina. Nela podedes atopar información visual sobre temas que podemos traballar nas nosas aulas: o corpo, animais...Botádelle un ollo e se coñeces outras similades mandade os enderezos.

Cóntame un conto.

Cóntame un conto.

¿Que contos coñeces que podamos atopar pola rede e ler cos nosos nenos e nenas?.

Compartindo experiencias.

Compartindo experiencias.

A gran maioría das experiencias que se fan nas nosas aulas quedan no anonimato e non saen das portas das  escolas. Compartindoas podemos aprender todos de todos e enriquecer a nosa labor docente. ¿Que cousas facemos nas aulas co ordenador? ¿e ca cámara de fotos?...Nesta páxina podemos atopar dinámicas sinxelas e moi interesantes.

Aprendemos inglés xogando.

Aprendemos inglés xogando.

A compoñente lúdica é fundamental en calquera dinámica nas nosas aulas. Botade un ollo a esta páxina

¿Internet con necesidades educativas?

¿Internet  con necesidades educativas?

Realmente é difícil atopar material multimedia para traballar en Educación Especial . Tamén nesta páxina podedes atopar máis recursos.¿Como podemos  os mestres e as mestras co material traballar co material que non está adaptado?

 

¿Internet en Educación Infantil?.

¿Internet en Educación Infantil?.

¿Cantas aulas de Educación Infantil teñen Internet?. E se temos internet ¿Como podemos introducilo na nosas xornadas e dinámicas?. Pensade por exemplo como poderiamos traballar con esta páxina.

 

Xogamos ca música e as cores.

Xogamos ca música e as cores.

¿Como podemos xogar cas cores e a música?.