Blogia
Escola de caracois

Tizas e ratos de cores.

Tizas e ratos de cores.

¿Que está ocurrindo cas pizarras dixitais nas nosas escolas? Ou mellor dito, ¿que non está ocurrindo?. Por algúns emails recibidos, por experiencias compartidas e vivenciadas,...podemos observar como durmen en almacéns  sen sacalas das caixas, aparcadas esperando que alguén se deteña e deixen de ser extratarrestres que despertan o rexeitamento e que rematan na indiferencia,.. Un dos primeiro pasos é coñecer o potencial deste recurso, como os nenos e nenas interactuan co contido, non miralas con enemigas tecnolóxicas da tiza. Temos moi poucas experiencias recollidas na Galiza, e queremos apostar polo noso profesorado e alumnado galego. Aquí colgamos diversas dinámicas en distintas etapas  para que miredes como a súa integración é posible, e como en Educación Infantil non é unha utopía.Podemos utilizala en gran grupo ( contos, videos, presentacións de temas con información visual...) en parellas, individualmente, ...podemos desenvolver accións paralelas (mentras uns/as traballan na pizarra, outros/a poden estar facendo puzzles, debuxos, lendo contos, traballando os mesmos contidos multimedia en soporte papel...). Ninguén está dicindo que sexa fácil, pero tampouco é imposible. Animo, compañeiros e compañeiras.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

3 comentarios

Escola de caracois. -

Ola cris!, comentoume Belén, (a profe que escribe http://casadetolos.nireblog.com/) que dara unha charla-representación teatral coa pizarra para a clase de inglés mo teacher's day de McMillann (5 maio Coruña - 12 maio Vigo) pone en contacto con ela para que che comente con máis detalle. Seguro que estará xenial.
Saúdos.



¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

Cris -

Se sabedes dalgures en Santiago ou Pontevedra que fagan un curso gratis sobre smartboard, por favor, anunciádelo, que ainda que eu non traballo na ensinanza reglada si estou desexando velo en directo.

Anónimo -

http://www.magisnet.com/articulos_imprimir.asp?idarticulo=2496
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres