Blogia
Escola de caracois

Estreando mochilas.

Estreando mochilas.

Ó contrario que outras especies, os caracois desta escola invernan no verán. Son uns durmiñentos/as e decidiron quedarse dentro da súa cuncha ata outubro. Mentras durmen reflexionan sobre todo o aprendido durante o curso, e sobre todo o desaprendido que as veces tamén é moi interesante. Xa metemos na nosa mochila-cuncha o portátil, o chimpín (chamado de milleiros de xeitos: lapis, pen, pinza, chisme...), lápices de cores porque tamén nos encantan e coma sempre deixamos sitio para todo aquilo que vaiamos recollendo este curso. Non temos ningún destino fixo, nen nos marcamos obxectivos que nos fan pasar pola vida de puntillas sen saborear os momentos, simplemente queremos sentirnos vivos/as, e sentir como o movemento está presente nas nosas aulas. Seguiremos contándovos o que vaiamos atopando (emails que nos escribides con dúbidas, suxerencias, compartido material...), con experiencias que vivamos directamente (aínda que este ano ainda non temos internet na aula e nos sentimos incompletos/as, xa está solicitado,crucemos os dedos, ou os corniños.....). Escola de caracois, son os mestres e as mestras, os nenos e as nenas, as familias, ...todos aqueles e aquelas que apostan polas tics na Educación. Querida Galiza alá imos!!!

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

5 comentarios

Teacher Chus -

Noraboa ós meus caracois solidarios
http://teacherchus.blogspot.com/2007/10/premios-blogs-solidarios.html

Mela -

Un dos compañeiros dos Encontros chamáballe "pincho" (o que grabou o vídeo da "Ladybird") e eu voulle coller prestado ese nome.
Benvid@s !!!
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

carlos -

que bien teneos aqui de nuevo, yo le llamo, pen a la memoria portatil, a ver cuando la xunta nos los dan gratis.

Belén -

Ai caracoliños menos mal que volvichedes. Como vos botamos en falta! biquiños

sapoconcho -

Alégrome da vosa volta caracois; por fin!!! espero que regresedes con forza e que compartades moitas (e boas) cousas con nós. Biiicosss.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres