Blogia
Escola de caracois

Personaxes de cores.

Personaxes de cores.

Luns, martes, mércores e xoves. Cada día despois do recreo visualizamos no ordenador un video cortiños sobre arte. Parece que a combinación de música e cores lles relaxa, acción que se busca atendendo a curva da fatiga cando chegan do patio. O venres lembramos tódalas cores, obras, formas...que fumos observando durante a semana, e o venres, os nenos e as nenas convertíronse en directores/as de cine, sendo as personaxes as cores. Empezaron a pedirse: eu son o laranxa, eu o vermello...as cores na arte, as cores nos papeis, nas froitas, nas liñas en movemento,as cores nas luces da rúa, nas volvoretas, as cores na arte que entra nas escolas, na educación, as cores na vida. Foi unha realemente sorprendente.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

3 comentarios

Anónimo -

http://zambitivarog.blogspot.com/2007/06/winter-garden.html
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

O home xelatinoso -

E despois hai mamás/papás que din: "es que mi hija dice que sólo pinta". Pois xa ves, é o que hai. Saúdos xelatinosos

Belén -

Como sempre un derroche de xenerosidade con todos estos enlaces estupendos. Teño mogollón de ganas de facer un proxecto de arte.... a ver se para o ano que ven me botas unha man ;)
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres