Blogia
Escola de caracois

O meu nome, o teu nome, o seu nome...xogamos cos nosos nomes.

O meu nome, o teu nome, o seu  nome...xogamos cos nosos nomes. En anteriores ocasións xa falamos de distintas dinámicas para xogar co nome. Hoxe queremos compartir con vos unha experiencia feita con nenos e nenas de 4 anos.  Por parellas foron pasando polo ordenador e introduccindo o seu nome en distintas aplicacións, logo gardáronse as fotos nas que saian en distintas ambientacións: sopa de letras, tazón de cereais, panel de publicidade, carteis, nun tronco, nun avión....e as comentamos todos e todas xuntas´. Mentras os/as  demáis xogaban na mesa con siluetas de letras de distintas texturas facendo composicións e pintandoas. Foi realmente divertido esta aposta pola fusión de espazos de aprendizaxe virtuais e físicos. O luns sacarémolas pola impresora e faremos un mural cos nosos nomes.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

4 comentarios

Meninheira -

Qué interesante, xa o teño gardado para facer. Graciñas :)

Xosé Antón -

Moi interesantes esas aplicacións.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

Anónimo -

http://www.notcelebrity.co.uk/#thename

mamiago -

http://comunicadorcpa.blogspot.com/
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres