Blogia
Escola de caracois

Seguimos marisqueando.(AS-PG. Cig-ensino) .Xornadas de Educación Infantil.

Seguimos marisqueando.(AS-PG. Cig-ensino) .Xornadas de Educación Infantil.

Da man da AS-PG e CIG-Ensino, saímos de novo a marisquear  polo litoral da Educación Infantil, buscando mostrar recunchos con relatos de experiencias nas escolas galegas. Certamente hai que escaravellar aínda moito na area do país para atopar exemplos de introducción e integración das tics nas nosas dinámicas de aula. Aínda así, imos metendo no cesto algunhas que abren camiño a motivación, e a mostrar que sen deixar de ser un reto difícil non é imposible. Dende a escola de caracois queremos subliñar a importancia de investigar, investigar e investigar…e seguir investigando como paso previo, paralelo e a posteriori cando o profesorado se decide a deseñar os seus materiais e a introducilos na aula. É  preciso unha alta dose de tranquilidade que calme a ansia por conquistar o mundo multimedia nun curto prazo de tempo. Debemos visitar traballos de compañeiros/as, analizalar os seus elementos (curriculares, elementos visuais, lúdicos….), as presas poden facer perdernos e cair polos acantilados da desmotivación. Polo tanto, apostamos pola investigación en calquer acción formativa nas tics cara o profesorado, a nosa experiencia, dinos que é unha das claves para  a calidade do deseño e integración dos materiais na aula e o seguimento e constancia no mundo multimedia. E dicir, temos que marisquear moito, moito, moito.

Desafortunadamente os/as deseñadores/as parecen esquencerse da nosa etapa e son moi poucos os exemplos que podemos atopar que realmente pasen os filtros de calidade.

Afortunadamente ningún profesional mellor co profesorado de Educación Infantil para adaptar o material existente e convertilo nun recurso que encaixa nas nosas dinámicas ( o mesmo que facemos cunha folla de xornal, que a convertimos nun barco, nunha pelota, nun puzzle de letras…). Integrar as tics non é tan so estar diante da pantalla do ordenador, podemos facer un safari fotográfico de aparatos eléctricos, decorar as distintas partes do ordenador, poñerlle nome, facer xoguetes cos cds, deseñar alfombrillas, …e pensar que practicamente todo o que se faga no contexto físico se pode facer en versión multimedia, o que implica que podemos chegar a normalizar o seu uso dun xeito natural: mentras alguns/as están facendo un collage con revistas,outros/as o poden estar facendo na pizarra dixital, outros/as nun ordenador de mesa, outros con material de desfeito pegados en soportes (corchos, chapas..);  o mesmo con xogos de construcción, puzzles, facer personaxes….trátase que incluamos dentro da nosa programación un lugar para as tics, non que a peguemos dun xeito forzado, faise preciso unha reorganización dos recursos (materiais, espacio-temporais..), replantexarnos a forma de agrupamento: podemos facer actividades co  ordenador de gran grupo, de pequenos grupos, en parella, individuais, en cadea…Repetimos: temos que replantexarnos as nosas programacións.

De novo, grazas e a seguir marisqueando sen ansiedade.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

8 comentarios

Isaura -

Non puiden ir pero seguro que Uxía o bordou coma sempre,mágoa que xente coma ela non chegue a tódolos mestres e a os nosos alumnos.
Noraboa e moitos bicos da coleguiña de Catoira, que segue fedellando no seu blog.

Jose -

É a primeira vez que vexo o voso traballo, pero seguro que non será a última noraboa

Rosa. -

GRACIAS POR TODOS ESTES ENLACES, E CHE MANDO ESTE POR SE NON O TEDES. ESPERO QUE FAGADES CURSOS MAIS LARGOS.http://www.uma.es/moc/onomato/index.html DE NOVO MOITAS GRACIAS POR TODO.

L. R. de coruña -

nos parecio poco tiempo, demasiada gente y muchas informaciones y nos gustaría andar más en el ordenador.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

mamiago -

Como siempre fascinante y de gran nivel. Te deseamos lo mejor.

Abraham -

Impresionante...sígovos de preto seguide así...mágoa que as nosas Xornadas de TADEGa foran no mesmo día.

MC-VIGO -

HOLA ME GUSTO MUCHO ESTA XORNADA, AUNQUE EL TIEMPO FUE MUY ESCASO, PERO LA MAYORIA DE LAS EXPERIENCIAS LAS DESCONOCIA, Y EL MUNDO DE LOS BLOGS ME PARECE FASCINANTE, EL QUE MAS ME IMPACTO FUE EL DE IAGO. ESPERO QUE HAGAIS MAS CURSOS PERO MAS LARGOS. MUCHAS GRACIAS. MC

Mela y Aitana -

Qué boa pinta tiñan esas Xornadas, mágoa que non puideramos ir.
A semana pasada estivemos colaborando nas de A.P.I.G.A .
Graciñas por todo o voso traballo.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres