Blogia
Escola de caracois

Ovos, area, lápices, fume....

Ovos, area, lápices, fume.... Introducir manifestacións artísticas conectadas cos temas que incluimos nas nosas programacións, deseños de dinámicas..., cunha liña metodolóxica perceptiva, productiva, histórica e critico-reflexiva,  nos proxectos, secuencias didácticas, obradoiros….que fagamos nas aulas é un reto, sen lugar a dúbidas. A limitación dos recursos é unha das situacións máis extendidas na nosa xeografía. Afortunadamente ca chegada do Internet os centros, esta é unha barreira que se vai limando, dando paso a información visual, traducida nun enfoque multisensorial para os esquemas de coñecementos do noso alumnado. Podemos visualizar galerías, falar sobre elas( con que están feitas?, como o fixo?, onde o fixo? en que estaría pensando o/a artista?...en definitiva poñerse en lugar do/a artista) escoller obras, imprimilas, facer fotomontaxes incluíndose eles/as como protagonistas, comics combinando obras e fotos de vivencias na escola por exemplo, poñerlle títulos, imprimilas e pegalas en materiais de desfeito para facer esculturas,…facer as súas propias obras e comparalas ca dos/as artistas estudiados/as. Pensemos na infinidade de accións educativas que conleva todo isto: observar, dialogar, escoller, identificarse, descartar, asociar, comparar,….Querida arte, benvida as  nosas aulas de Educación Infantil.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

2 comentarios

Mela -

Ós meus fillos as "mascotas" de pedra encantáronlles.
Seguro que ós peques do cole tamén vanlle encantar estes "animals" (os das mans coñecíamolos xa )
Bicos
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

Belén -

Coma sempre os vosos artigos son unha "currada" de enlaces estupendos. Graciñas por compartilos con todos nos caracoliños lindos ;)
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres