Blogia
Escola de caracois

Letras disfrazadas de animais, estrelas, cores. maxia.....

Letras disfrazadas de animais, estrelas, cores. maxia.....

 

Se decimos "times new roman" ou "arial" todos e todas sabemos que estamos falando dun tipo de fonte para escribir. ¿Que tipo de letra empregamos co alumnado cando utilizan un procesador de texto?. Evidentemente, esta cuestión vincularase co tipo de metodoloxía que empreguemos na nosa aula. En Escola de caracois apostamos polo xogo cas formas, cores, tamaños...e isto tamén aplicados a construcción do código gráfico, é dicir, queremos que os nosos nenos e nenas xoguen con gran variedade de letras e números. E por isto polo que imos gardando tódalas fontes que atopamos na rede que nos parecen atractivas, acordes ó tema tratado, conectadas cos seus intereses...é realmente gratificante observar como sempre se sorprenden ante unha nova fonte cando escriben co teclado:letras que son pantasmas, elefantes, coches...incluso podemos facer un album cos seus nomes con distintas modalidades, é unha colección que medra cas súas creacións. No apartado de enlaces abrimos unha nova categoría "fontes" para ir poñendo as páxinas que coñezades para baixalas. Para instalalas é moi sinxelo: Unha vez descargadas copiamos o arquivo. Logo imos a inicio-panel de control-fontes. Nesa espazo pegamos o arquivo que antes copiaramos. Logo cando traballemos co procesador de texto xa poderemos ver como esta se sumou as fontes, so hai que seleccionala....e xogar con cada unha das letras, experimentando, facendo portadas para os contos, etiquetas...Esperamos os vosos comentarios.

7 comentarios

COKITE -

AI QUE O ENVIEIR ANTES DE TEMPO, SOLO QUERO DICIR QUE INSTALEI FONTES COMO DECIDES OS CARACOIS PORUQE NA MIÑA AULA NON TEÑO INTERNET E PODO FACER MENOS COUSAS,E ONTE ESTIVERON ESCRIBINDO CAS NOVAS LETRAS E ESTABAN ENTUSIASMADOS, GRACIAS POLA IDEA QUE É SENCILLA E EU NUNCA A PENSARA. GRACIAS CARACOLIÑOS LINDOS.

COKITE -

EU TRABALLO NUNHA UNITARIA,E AS VECES BOTO DE MENOS TER A MÁIS XENTE CERCA PRA VER COMO TRABALLAN ESTE TEMA, CADA DIA TEÑO MAIS MANIA AS FICHAS IMPOSTAS POLAS EDITORIAIS, PERO ISO, QUE BOTO DE MENOS TER AULAS PRETO.

r.h.l -

buenas noches, por más experiencias que leo y que intentan explicarme cada dia tengo menos claro si se está en lo acertdo con lo de tanta innovación en el campo de la lecto-escritura. Puede que en cierto modo, el uso del ordenador retarde el hecho de aprender a escribir, yo creo que todo esto es una moda que no garantiza que los crios aprendan a escribir.

Anónimo -

http://www.tiposdeletra.com/

LETRAS PARA O SAMAIN. -

MOI BOAS, EU COLLIN AS FONTES DESTA PÁXINA PARA PREPARAR O SAMAIN. ESPERO QUE SEXA DE UTILIDADE. http://www.fontreactor.com/fuentes/es/39/index.html

Anónimo -

http://www.angelfire.com/alt/fmoren17/letras.htm

Anónimo -

¡QUE BO!. FUN A PÁXINA DE http://www.rennysniche.com/ E BAIXEI AS FONTES DUNS PANTASMAS E DUNHAS ARAÑAS. COMO ESTAMOS EN CLASE CO DE SAMAIN OS CHAVALES VAN A QUEDAR PASMAOS, MOITAS GRACIAS, NON TIÑA NIN IDEA DE FACER ESTA INSTALACION, DESPOIS DE FACELO E FÁCIL, ATA EU SON CAPAZ DE FACELO, ASI QUE E FACIL. GRACIAS DE NOVO CARACOIS.