Blogia
Escola de caracois

Apostando pola transversalidade da perspectiva de xénero.

Apostando pola transversalidade da perspectiva de xénero.
As persoas que apostamos pola transversalidade e a “non fragmentación do coñecemento”  temos na inclusión da perspectiva de xénero na nosa práctica docente un reto. O ordenador, distintos programas, internet... son recursos e ferramentas tecnolóxicas que nos poden axudar  neste terreo tan cheo de esteriotipos e roles onde a muller está claramente invisibilizada. Levamos un tempo observando que cando se fan parellas de traballo diante do ordenador, soe ser o neno o que manexa o rato e a nena a que toma apuntamentos ou queda nun segundo plano na navegación, isto vese máis acentudado en Secundaria. Se observamos a gran maioría dos patios podemos comprobar como o espazo central é ocupado polos nenos e na periferia soen estar as nenas, ¿é casual?, ¿existe realmente a integración?...¿De cantas mulleres destacadas na historia, ciencia... lles falan os libros que escollemos?.  Dende Infantil xa temos que empezar con estratexias en Igualdade de Oportunidades, por elo propomos facer parellas de nenos e nenas, e controlar que os/as teñan o mesmo peso protagonista nas actividades que desenvolvan. Tamén podemos traballar con contidos que se vinculen por exemplo ó espazo doméstico. ¿Con que asocian os obxectos da vida cotidiá?. Para falar de esteriotipos podemos ir proxectando distintos obxectos que coñezan: un balón, un sillón de oficina, un camión, unha fregona... tamén se poden imprimir e facer un album onde estean pegados tanto ó lado dun home como dunha muller.Aproveitemos a gran potencialidade deste medio para explorar o espazo interior dos nosos nenos e nenas. Ë a nosa responsabilidade.

10 comentarios

Anónimo -

Estou de acordo, pero penso que é que nestas idades tenden a agruparse eles mesmos por sexos. Gústame tamén, cando traballan, facer novos grupos e parellas e non ten que por que ser un problema o cambiar de compañeiros(todo o contrario, é enriquecedor para eles).
Compañeir@s caracois, déixovos o enlace dun CRA de Cantabria que se está animando a contar as súas experiencias de traballo c@s nen@s (por certo, os CRA alí funcionan con outras idades que os de aquí) ( http://cracampooaguayo.blogspot.com/ )

Teacher Chus -

Non está mal un pouco de sentido do humor porque supoño que era iso o que quería aportar o anónimo con iso de indiviudal e premio ;)

Anónimo -

YO CREO QUE LO MEJOR es que trabajen individualmente para que no haya conflictos y siempre como premio.

Escola de caracois. -

Queridos compañeiros e compañeiras, para nós é realmente gratificante ver como ó profesorado galego se vai animando a participar nestes foros, aportando ideas, recursos, posicionamentos e experiencias, para nós é un motor de motivación para seguir aquí. Amigos/as de maxisterio grazas polo enlace xa está incluído no artigo, é un pracer contar con vos. Moitos saúdos.

ALUMN@S DE MAXISTERIO -

HOLA AMIGOS CARACOIS DE INTERNET, SOMOS DA FACULTADE DE MAXISTERIO DE PONTEVEDRA, QUEREMOS MANDARVOS ESTE ENLACE E DECIRVOS QUE XA O CURSO PASADO COLLIMOS MOITOS RECURSOS DE ESTE EDUBLOG E ESTE ANO ESPERAMOS QUE SIGADES NA MESMA LIÑA, http://www.vieiros.com/vieirosdaescola/index_7.html MOITOS BICOS PARA OS CARACOIS E AS CARACOLAS, JEJEJE

Belén -

Eu tamén discrepo da compañeira de Ferrol, penso que cambiar de parella é moito máis enriquecedor. Un saúdo e moito ánimo.

eei vagalume -

Coma sempre moitas gracias por engadir recursos interesantes na nosa páx.As web de alimentos son moi divertidas.Onte mesmo leimos o voso ultimo artigo e hoxe intentámolo poñer en práctica,as veces parecen cousas obvias pero e bó que alguén as recorde para non caer en hábitos xa integrados na nosa conduta.Discrepo da compañeira de Ferrol xa que no meu caso hoxe mesmo as novas parellas foron un éxito.Aínda vou máis aló,eu este ano estou mesturando nenos de 3 anos cos veteranos de 5 nas clases de informática e polo de ágora os resultados son moi enriquecedores.Xa vos seguirei contando como vai a cousa.
Dende Vilagarcía moitos bicos

mercedes caride -

Yo no estoy de acuerdo, creoque las parejas siempre tienen que ser las mismas para evitar conflicos, y a veces es mjor niños con niños y niñas con niñas, lo digo por experiencia y ya llevo muhcos años trabajando en educacion infantil y primaria. saludos desde FERROL

escoladecaracois -

Ola compañeira de Vigo. Sempre que nos pedides algunha recomendación dicimos o mesmo, que debedes adaptar todo ás características do voso alumnado. De tódolos xeitos nós partimos da idea de que a escola debe dotar os nenos/as de recursos para integrarse activamente na sociedade, isto implica que por unha banda na vida van a ter que compatir situacións con diversas persoas, no traballos, o asento dun autobus,...así que apostamos polas parellas caducas. Poden facerse parellas sacando ó azar as súas fotos dunha caixiña, a través de cancións de sortes, con dinámicas para aceder os recantos se traballades con esta metodoloxía,...E por outra banda, consideramos que a nosa gran función como docentes é potenciar a identidade e a autonomia no alumnado, e isto leva consigo tomar decisións, elexir,...e por elo tamén é enriquecedor que as veces elixan os/as compañeiros/as, por exemplo cando é o seu dia de encargado/a poderán elexir a súa parella. Este é un plantexamento, nen o único,nen o mellor. Saúdos e grazas.

LOLA VIGO -

pues nunca me había fijado en lo del patio, pero si que escierto que están los chavales en el centro y la niñas paseando por los alrededores, esto se nota mas en los mayores de primaria y sobre todo en secudnaria, ¿recomendais siempre las mismas parejas delante del ordenador o cambiando? yo soy novata en este tema y me queda muchoo por aprender, gracias caracoles . muchos saludos desde vigo.