Blogia
Escola de caracois

Teclado, rato....aprendamos sempre xogando.

Teclado, rato....aprendamos sempre xogando.

Estamos recibindo varios correos preguntándonos por páxinas para traballar habilidades básicas para o funcionamento do ordenador, xa que pouco a pouco, afortunadamente, están introduccindose os ordenadores nas nosas escolas, agora teremos que facer por integralos na nosa práctica diaria e cotidiá, pouco a pouco...Aquí tedes algunhas onde se fusionan o manexo do teclado, o rato...ca compoñente lúdica, sempre fundamental. Podemos xogar ó baloncesto,  ó ping pong, ó futbol, a coller ovos de galiña, a saír dun laberinto, unir puntos, cazar parrulos...Xa nos diredes como funcionan, e lembrade que é bo que vaiades facendo un banco de enderezos e ensinarlle ós nenos e as nenas a acceder a eles.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

3 comentarios

Xosé Antón -

Eu sempre recomento para o manexo do teclado o "Keyboard explorer" e para o do rato o "Mouse Trainer". Son gratuitos e están traducidos ao galego e ao castelán por min dende hai uns anos.
Parabéns pola páxina.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

eeivagalume -

Igualmente desexamos a todolos blogs amigos un feliz veran!

eeivagalume -

Moi bos estes novos enlaces,xa os temos agregados a o noso blog.We keep on line! ;)bicos
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres