Blogia
Escola de caracois

Cadernos na rede, apuntamentos do día a dia nas escolas galegas...

Cadernos na rede, apuntamentos do día a dia nas escolas galegas... Pouco a pouco, imos atopando cadernos (os chamados blogs) na rede. É unha invitación a que entremos nas escolas e compartamos experiencias entre docentes, entre os nenos e as nenas, que conversemos a través dos comentarios e as imaxes...é vivir experiencias en espazos virtuais.  Algúns relatan actividades, proxectos...que fan nos seus centros, e outros deciden facelo sobre algo máis específico: recopilando poemas, receitas nun obradoiro de cociña de Educación Especial Aceesca....Aquí tedes algúns exemplos: Vagalume, Pequerrechos,  Piñeiriño, Alvarez-limeses...e esperamos que os vosos se empecen a escribir prontiño.

0 comentarios