Ovos, area, lápices, fume....
Introducir manifestacións artísticas conectadas cos temas que incluimos nas nosas programacións, deseños de dinámicas..., cunha liña metodolóxica perceptiva, productiva, histórica e critico-reflexiva, nos proxectos, secuencias didácticas, obradoiros….que fagamos nas aulas é un reto, sen lugar a dúbidas. A limitación dos recursos é unha das situacións máis extendidas na nosa xeografía. Afortunadamente ca chegada do Internet os centros, esta é unha barreira que se vai limando, dando paso a información visual, traducida nun enfoque multisensorial para os esquemas de coñecementos do noso alumnado. Podemos visualizar galerías, falar sobre elas( con que están feitas?, como o fixo?, onde o fixo? en que estaría pensando o/a artista?...en definitiva poñerse en lugar do/a artista) escoller obras, imprimilas, facer fotomontaxes incluíndose eles/as como protagonistas, comics combinando obras e fotos de vivencias na escola por exemplo, poñerlle títulos, imprimilas e pegalas en materiais de desfeito para facer esculturas,…facer as súas propias obras e comparalas ca dos/as artistas estudiados/as. Pensemos na infinidade de accións educativas que conleva todo isto: observar, dialogar, escoller, identificarse, descartar, asociar, comparar,….Querida arte, benvida as nosas aulas de Educación Infantil.17/04/2007 13:34
Comentarios » Ir a formulario
![]()
Autor: Belén
Coma sempre os vosos artigos son unha "currada" de enlaces estupendos. Graciñas por compartilos con todos nos caracoliños lindos ;)
Fecha: 17/04/2007 22:37.
![]()
Autor: Mela
Ós meus fillos as "mascotas" de pedra encantáronlles.
Seguro que ós peques do cole tamén vanlle encantar estes "animals" (os das mans coñecíamolos xa )
Bicos
Seguro que ós peques do cole tamén vanlle encantar estes "animals" (os das mans coñecíamolos xa )
Bicos
Fecha: 19/04/2007 00:31.



