Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2007.

07/03/2007

O mundo de Iago.

20070307090618-gse-multipart840.jpgDende a Escola de Caracois queremos facernos eco dun caderno que día a día vai medrando, e que nos vai sorprendendo con novas informacións, vivencias, logros, dúbidas, …sobre Iago e o seu entorno. Un neno que tivemos a ocasión de coñecer persoalmente nun centro educativo de Porriño. Iago namora ca profundidade da súa mirada, mistura de incertidume e exploración do mundo cotidiá que lle rodea. Parabéns o esforzo da súa mama por ir texendo este caderno día a dia, seleccionando e mimando as imaxes, palabras fusionadas con sensacións, sentimentos, impresións…Podemos observar como timidamente se vai creando un espazo de intercambio, de relatos doutros nenos/as, é unha porta que abre moitas outras das que sen lugar a dúbidas, temos moito que aprender… Parabén Iago, Parabéns Mami de Iago. Grazas. 

http://hablapormidiceiago.blogspot.com/

07/03/2007 09:06 Autor: escoladecaracois. Enlace permanente. Hay 5 comentarios.

10/03/2007

Contrato de mestra.

20070310091015-glibre.jpgDende Vieiros podemos acceder a esta aplicación que é síntoma do esforzo e da conciencia de moitos colectivos, onde nos temos que incluír e sumar a nosa labor  como profesorado comprometido co cambio  e mellora social. Agora desexamos ter este mesmo programa en galego.
10/03/2007 09:10 Autor: escoladecaracois. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

Bicos de vento.

20070310201211-btn200carnavaloptochtab1.gifHoxe empeza unha nova andaina o caderno de Bicos de Vento, que toma o relevo do antigo Ventos de cores. Son poemiñas que xurden nas aulas, e que saen polas ventás interpretados polas voces dos nenos e nenas que xogan ca cor e música das palabras. Esperamos a vosa visita.
10/03/2007 20:12 Autor: escoladecaracois. Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

11/03/2007

A nosa clase.

20070311122859-copia-de-09-salvador-dali-paysage-aux-papillons.jpg  

Un bo exemplo dun “caderno multimedia” en Educación Infantil na Galiza, é o de A NOSA CLASE dunha escola de A Coruña, Ponte dos Brozos, situado en Arteixo. Nel podemos atopar unha fusión de texto ( onde o mestre relata experiencias, vivencias, …), imaxes estáticas de distinta natureza: fotos dos nenos/as, debuxos…; videos e montaxes (festas, sesións de psicomotricidade), sons como a das voces dos nenos/as recitando poemiñas…O titor da aula, Jose Carlos, comenza a escribir este blog en Setembro e nos comenta:

“Hoxe comezou o curso escolar e con él iniciase tamén este experiencia. O obxectivo deste blog é ir contando as vivencias diarias dunha aula de Ed. Infantil dende os tres anos ata o seu paso a Primaria, o remate de cinco anos.”  Dende aquí parabéns por este magnífico traballo e polo compromiso cas Tics na Educación Infantil. De novo Parabéns.
11/03/2007 12:29 Autor: escoladecaracois. Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

18/03/2007

Marisqueando: profesorado de 0-3 anos. (Cig-ensino)

20070318093554-copia-de-05-pablo-picasso-bouquet.pngEn moitas ocasións escoitamos como non se considera interesante o feito de introduccir un ordenador en aulas do primeiro ciclo de Educación Infantil dubidando e desconfiando do seu potencial, e as persoas que deseñan esquencense de que existimos e que dende o noso nacemento somos seres sociais, e que polo tanto o coñecemento e uso das tics forma parte das bases dos distintos procesos de ensino- aprendizaxe. Apostar pola formación neste ámbito do profesorado, debe ser un compromiso, unha realidade que hai que visibilizar. Esta fin de semana desenvolveuse un obradoiro de novas tecnoloxías (que esperemos estar en vias de que deixen de ser "novas" e que sexa normalizada a súa convivencia e uso nas escolas co resto dos elementos das aulas). Saimos a "marisquear", porque "navegar" as veces queda nun plano contemplativo. Unha das cuestión claves é adaptar o material existente a esta franxa educativa, onde a estimulación xoga un papel protagonista. É fundamental unha fase de investigación por parte do profesorado para adquirir un criterio  maduro ( a nivel de deseño, de análise de potencialidade en aula, de marxe das posibilidades de adaptación...) producindose unha apertura e invitación a embarcarse no deseño de materiais con distintos programas, utilización de espazos de comunicación habilitados na rede...O profesorado asistente entregouselles uns apuntamentos onde se recollen ideas, experiencias recollidas,vividas e sentidas en distintos centros educativos, agora esperamos que se este dossier medre cas súas aportacións e que nunha próxima xuntanza volvamos a crear un espazo de análise, reflexión e entusiamo e temores compartidos. Grazas polo voso tempo e a vosa implicación.
18/03/2007 09:35 Autor: escoladecaracois. Enlace permanente. Hay 3 comentarios.


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]